Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Semana das Ciencias 2022

Imagen
Despois de 2 anos de parón obrigado pola pandemia mundial, a Semana das Ciencias de Ponteareas (xa na VI Edición, do 21 ao 25 de marzo de 2022) voltou ser a oportunidade de presentar un novo concepto de experiencia ludodidáctica: Xogos, Dimensións e Xeometrías (XoDiXe) https://sites.google.com/view/xodixe Durante unha hora, o alumnado de Primaria de todos os centros educativos do Concello foron avanzando desde unha ata catro dimensións sen deixar de xogar ao tres-en-raia! O xogo das 11Torres constituiu un elemento clave neste proceso, ao engadir a compoñente espacial e tanxible.      O autor, Xabier Prado, e a Alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández (cos xogos 15 Torres e 11 Torres, respectivamente) con alumnado e profesorado do CEIP de Guláns.     Durante a Feira das Ciencias, foi o conxunto da cidadanía quen puido experimentar estes xogos.