Entradas

Semana das Ciencias 2023

Imagen
 Nesta oportunidade, alumnado de todos os centros educativos de Ponteareas (tanto de Primaria como de Secundaria) foron pasando por turnos durante toda a semana polo Salón de Plenos do Concello. Alí había mesas con xogos das 11Torres cedidos polos propios centros educativos para a ocasión,  O autor do xogo explicáballes a dinámica do xogo en 5 minutos, e o resto do tempo, hasta completar unha hora,  poñíanse a xogar, primeiro por parellas e logo de tres. Tamén podían experimentar a xogar formando triángulos equiláteros ou rombos. En xeral, a impresión foi moi satisfactoria, varios alumnos preguntaron onde se podían mercar e tivéronse que conformar con saber que un deses xogos xa estaba no seu cole, posiblemente na biblioteca, á súa disposición.

Semana das Ciencias 2022

Imagen
Despois de 2 anos de parón obrigado pola pandemia mundial, a Semana das Ciencias de Ponteareas (xa na VI Edición, do 21 ao 25 de marzo de 2022) voltou ser a oportunidade de presentar un novo concepto de experiencia ludodidáctica: Xogos, Dimensións e Xeometrías (XoDiXe) https://sites.google.com/view/xodixe Durante unha hora, o alumnado de Primaria de todos os centros educativos do Concello foron avanzando desde unha ata catro dimensións sen deixar de xogar ao tres-en-raia! O xogo das 11Torres constituiu un elemento clave neste proceso, ao engadir a compoñente espacial e tanxible.      O autor, Xabier Prado, e a Alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández (cos xogos 15 Torres e 11 Torres, respectivamente) con alumnado e profesorado do CEIP de Guláns.     Durante a Feira das Ciencias, foi o conxunto da cidadanía quen puido experimentar estes xogos.              

VianaCon_2020

Imagen
A VianaCon celebrou-se em Viana do Castelo os días 1 e 3 de Fevereiro.     Jogo 11Torres: minuto 1:18 a 2:04

Feira das Ciencias_Ponteareas 2019

Imagen
A IV Edición da Semana das Ciencias de Ponteareas tivo lugar na 1ª semana de abril de 2019. A Feira das Ciencias celebrouse no Pavillón Deportivo do CEIP Nosa Señora dos Remedios por mor do tempo. Estas imaxes amosan ao autor do xogo 11Torres compartindo a experiencia con alumnado participante.

Noticia na Peneira

Imagen
O Xornal Novas do Eixo Atlántico de xaneiro de 2019, no suplemento Nº 13 do Foro A Peneira (Xornal Galego para o Debate, a Cultura, o Ensino e o Lecer), publica a seguinte noticia en portada sobre o xogo 11Torres: A información completa pódese ler la páxina XI:

AugustaCon Braga 2018

Imagen
Presentación na  Convenção Internacional do Jogo   AugustaCon  (Braga, decembro de 2018)                                                                                               Mosteiro de Tibães           VIDEOS AugustaCon no Canal de Youtube "NaMira": 11Torres: minuto 7:36 a 7:39   No Facebook da AugustaCon (Video: minuto 1:56 -2:02)