Semana das Ciencias 2023

 Nesta oportunidade, alumnado de todos os centros educativos de Ponteareas (tanto de Primaria como de Secundaria) foron pasando por turnos durante toda a semana polo Salón de Plenos do Concello.

Alí había mesas con xogos das 11Torres cedidos polos propios centros educativos para a ocasión, 

O autor do xogo explicáballes a dinámica do xogo en 5 minutos, e o resto do tempo, hasta completar unha hora,  poñíanse a xogar, primeiro por parellas e logo de tres. Tamén podían experimentar a xogar formando triángulos equiláteros ou rombos.

En xeral, a impresión foi moi satisfactoria, varios alumnos preguntaron onde se podían mercar e tivéronse que conformar con saber que un deses xogos xa estaba no seu cole, posiblemente na biblioteca, á súa disposición.












Comentarios

Entradas populares de este blog

AugustaCon Braga 2018

Semana das Ciencias 2022