Semana das Ciencias 2018

Semana das Ciencias é organizada anualmente pola Concellalía de Ensino do Concello de Ponteareas coa colaboración de profesorado e alumnado dos centros educativos do concello.

A terceira edición celebrouse dos días 9 a 13 de abril de 2018 (ver o cartaz do evento) 
e nela presentouse o xogo 11Torres .

Na sesión inaugural do luns 9 fíxose unha presentación por parte do autor, e a entrega por parte do Concello dun exemplar deste xogo a cada centro educativo.
 

Na Feira das Ciencias da tarde do venres 13, alumnado de varios centros presentaron ao público asistente as diferentes modalidades nas que se pode xogar no mesmo, usando os exemplares doados polo Concello, para que quen quixera puidera comprobalo directamente.
     
      


O sábado 14 pola mañá, diante da casa Consistorial, repetiuse dita presentación ao público en xeral.
    
 



Comentarios

Entradas populares de este blog

AugustaCon Braga 2018

Semana das Ciencias 2023

Semana das Ciencias 2022