Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Semana das Ciencias 2023

Imagen
 Nesta oportunidade, alumnado de todos os centros educativos de Ponteareas (tanto de Primaria como de Secundaria) foron pasando por turnos durante toda a semana polo Salón de Plenos do Concello. Alí había mesas con xogos das 11Torres cedidos polos propios centros educativos para a ocasión,  O autor do xogo explicáballes a dinámica do xogo en 5 minutos, e o resto do tempo, hasta completar unha hora,  poñíanse a xogar, primeiro por parellas e logo de tres. Tamén podían experimentar a xogar formando triángulos equiláteros ou rombos. En xeral, a impresión foi moi satisfactoria, varios alumnos preguntaron onde se podían mercar e tivéronse que conformar con saber que un deses xogos xa estaba no seu cole, posiblemente na biblioteca, á súa disposición.